Monday 29 de April de 2024

O Concello pobrense recibe os fondos do IDAE


A Administración local da Pobra do Caramiñal acaba de recibi-lo ingreso por parte do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) correspondente á subvención para a renovación e adaptación dos alumeamentos públicos. A contía ingresada ascende aos 554.027’80 euros, se ben o proxecto supuxo un investimento total de 733.874’12 euros e a diferencia foi asumida polas arcas municipais. Cómpre lembrar que inicialmente a actuación foi orzamentada en 941.439’00 euros e a axuda establecíase nos 753.151’00 euros, pero, tralo proceso de licitación, produciuse unha rebaixa que redundou nas cifras anteriormente indicadas.

A dita achega atópase adscrita ao programa destinado a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono (FEDER-POPE 2014-2020).

A intervención efectuouse nun total de 2.671 puntos de luz dos 3.188 existentes no municipio, eliminando 31 deles e instalando 10 novos puntos para reforza-la iluminación nos pasos peonís. Estas novas luminarias son de tecnoloxía LED cun sistema de regulación. No relativo aos cadros de mando, procedeuse en 59 dos 62 existentes para adaptalos á normativa vixente. Así mesmo, substituíronse equipos de acendemento. Todo isto redunda nun aforro enerxético do 70’58%.